Skip to main content
Barreiros

Barreiros recibiu nas súas instalacións o novo tractor municipal

Por 6 Decembro, 2022Sin comentarios

Nestes días o Concello de Barreiros recibiu nas súas instalacións o novo tractor municipal, que foi adquirido co finanzamento da área de medio rural da Deputación de Lugo.

Representantes e persoal técnico da marca desprazáronse ata Barreiros para dar a información e as nocións básicas ao persoal municipal encargado do seu manexo, que nas vindeiras semanas irá afacéndose á nova maquinaria, dotada de desbrozadora de brazo e cuchilla dianteira para realizar máis traballos con medios propios.

Ata alí acudiron tamén para escoitar a información a alcaldesa, Ana Ermida, e o concelleiro de medio rural, Dámaso Ratoeira, que comprobaron a idoneidade do vehículo e os seus accesorios para as necesidades municipais.