Skip to main content
Barreiros

Barreiros conta cun Buzón Real para as cartas ás Maxestades de Oriente

Por 30 Decembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Barreiros vén de colocar un Buzón Real para que as nenas e nenos de Barreiros poidan deixar as súas cartas para as Maxestades de Oriente.

Así que durante as mañás, os nenos barreirense poderanse achegar ata a casa consistorial a deixar as súas peticións para as Súas Maxestades.

Hai que lembrar que o xoves 5 de xaneiro os Reis Magos visitarán ás parroquias do Concello pola mañá e estarán na praza do Concello pola tarde. E o sábado 7 o coro Airiños do Mar actuará no centro sociocultural ás 19.00 horas.

Tamén haberá tempo para o deporte na xornada do domingo 8 de xaneiro, na que se poderá desfrutar da Carreira e andaina solidaria de Reis pola mañá.