Skip to main content
Burela

O BNG demanda interese do goberno local de Burela co campo da Marosa

Por 2 Decembro, 2022Sin comentarios

O BNG  demanda interese co campo da Marosa ó goberno local de Burela, así, “a semana pasada o Concello de Burela viuse obrigado a retirar parte do teito metálico da grada do campo de fútbol da Marosa, na que aínda está aberta ó público, por que estaba solto e existía risco de desprendemento”, di o voceiro do BNG Mario Pillado.

Segun relata Pillado “é certo que se procedeu á retirada do mesmo pero o concello non asumiu ningunha responsabilidade con respecto ás consecuencias que ese feito tería para a SD Burela, posto que a metade da grada quedou ó aire libre. No partido o Domingo, co tempo que estaba, dende o club tiveron que tomar a decisión, sen respaldo institucional algún, de non cobrar entrada e deixar libre acceso ós vehículos dos afeccionados para que puideran seguir o partido a cuberto”.

Pillado continuou dicindo que “nós cremos que dende a entidade verde foron valentes e xenerosos, porque renunciaron ó despacho de billetes, é dicir, a unha parte dos seus ingresos polo interese xeral da súa afección e da veciñanza en xeral. Foron benmais responsables que o goberno local”

O portavoz nacionalista anunciou que “no pleno preguntamos cando vai solucionar o equipo de goberno o problema a onde encargou o material de reparación”

Eijo Garay

En relación coa polémica xerada nas últimas datas sobre a obra levada a cabo na ponte da vía do tren, o voceiro do BNG sinalou que “cremos lóxico que con símbolos tan nosos como o bonito ou os nosos barcos en cuestión, a voz da veciñanza sexa expresada no Pleno do Concello e que o goberno local explique a situación”

Finalizou Pillado dicindo que “a nós parécenos moi boa idea, cuns versos de Manuel María moi axeitados, pero cremos que coa promoción feita do Bonito e coa situación na que se atopa o noso sector pesqueiro, non foi a forma mais axeitada de executalo. Non temos nada que decir da autoría da obra; se un barco non pesca o responsable é o patrón, non os mariñeiros”