Skip to main content
Burela

Instaladas as mesas de xadrez na rúa burelesa de Rosalía de Castro

Por 13 Decembro, 2022Sin comentarios

Xa están instaladas as mesas de xadrez na rúa Rosalía de Castro. O alcalde, Alfredo Llano, dixo que o Concello organizará partidas simultáneas e campionatos. 

O rexedor declarou que “coa instalación destas mesas de xadrez e damas o que queremos é mellorar as alternativas de ocio, de deporte e de cultura por todo o pobo. Vimos de instalar catro mesas: dúas na rúa Rosalía de Castro, unha na Praza da Mariña e outra no parque a carón do hospital”.

Llano indicou que “Imos ver qué repercusión teñen, o seu rendemento e o seu uso para ir ampliando esta posibilidade. A nosa idea é organizar unhas partidas simultáneas cun algún experto para darlle solidez a este proxecto”. 

Alfredo Llano e a concelleira Toñi Eijo visitaron hoxe os lugares nos que foron instaladas as mesas de xadrez en Burela.