Skip to main content
Axenda CaducadaCervo

Cervo pon en marcha un ciclo de exposicións baixo o título Encontro coa arte

Por 3 Decembro, 2022Sin comentarios

Cervo pon en marcha un ciclo de exposicións baixo o título Encontro coa arte que se inaugura este mesmo mes de decembro da man da artesá Ana Ares, cunha mostra de traballos a ganchillo, que incluirá a realización de traballos en directo durante a visita. 

O rexedor, Alfonso Villares, e as edís de Cultura e Muller e Igualdade, Dolores García Caramés e Pilar Armada, respectivamente, achegáronse esta mañá ata a Casa da Cultura e puideron ver en primeira persoa o talento desta artesá e todo o que é quen de facer coas súas propias mans “desde roupa infantil, de adultos, todo tipo de complementos…”

Tal e como lles explicou Ares, “para ela a artesanía non é unha profesión, senón máis ben unha afección que lle apaixona dende nena gracias ás ensinanzas da súa avoa, que lle inculcou esta paixón desde ben pequena” e que agora quere compartir con todas aquelas persoas que queiran achegarse por alí durante os próximos días.

Trátase dunha mostra novidosa –precisaron desde o concello- porque ademais de poder ver as pezas rematadas en exposición, os visitantes poderán contemplar en primeira persoa como traballa a artesá e o proceso desde o inicio dalgunha das súas creacións; polo que é unha mostra completamente viva e que permite a interacción coa autora”.

A exposición estará aberta ao público durante todo o mes de decembro na sala de mostras da Casa da Cultura de luns a venres de 10:00 a 13:00h, exceptuando os días festivos 6 e 8 de decembro, que abrirá as súas portas ás 11 da mañá.