Skip to main content
Cervo

Abre o prazo para solicitar as árbores froiteiras e autóctonas no Concello de Cervo

Por 26 Decembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Cervo anima á veciñanza a participar no pedido conxunto de árbores froiteiras que tramita cada ano a delegación de Medio Ambiente, que dirixe Mali Méndez, “co obxectivo de revitalizar as fincas, para que sexan cada vez máis produtivas”.

Méndez recorda que os impresos estarán a disposición das persoas interesadas ata o 23 de xaneiro no Rexistro do Concello de Cervo.

Con iniciativas coma esta o que pretenden é abrir camiño á veciñanza para que as súas fincas sexan cada vez máis produtivas.

O número de exemplares entregados o ano pasado foi de 121 árbores solicitados polos veciños.