Skip to main content
Foz

Os Torques de Marzán de Foz organizan a súa asemblea xeral ordinaria

Por 1 Decembro, 2022Sin comentarios

A asociación de veciños Torques de Marzán de Foz organizan para o 18 de decembro a súa asemblea xeral ordinaria. Nesta xornada, que se celebrará un domingo, comezará ás 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 en segunda.

Na asemblea farase a lectura e aprobación da acta anterior, falarase do estado actual das contas, as actividades realizadas, e as altas e baixas ou modificacións das candidaturas da Xunta directiva.

Tamén haberase que pagar as cuotas de socios mediante ingreso ou transferecia á asociación. Para facelo in situ será a partir do luns 12 e ata o venres 16 de 16.00 a 18.00 horas no local social.