Skip to main content
Axenda CaducadaFoz

A Escola de Música de Foz organiza un concerto solidario para o banco de alimentos

Por 2 Decembro, 2022Sin comentarios

A Escola Municipal de Música Arcadio Mon de Foz organiza un concerto solidario para o banco de alimentos baixo o lema A música por alimentos.

Esta cita musical será o sábado 3 de decembro ás 20.00 horas no salón de acto do Martínez Otero.

Dende a organización informan que as doazóns faranse durante o concerto e deberán ser alimentos non perecedoiros.