Skip to main content
Mondoñedo

Mondoñedo comeza mañá co acendido de Nadal

Por 1 Decembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo comeza maña co seu acendido particular da iluminación do Nadal. A aposta pola decoración de nadal aumenta con respecto ao ano pasado, cun total de 9 espazos de nadal, entre os que destaca a casiña do Apalpador, o trineo de Papanoel e a súa casa de Laponia, un portal de Belén na Fonte Vella, a casiña da árbore nos Muíños, entre outros.

O número de arcos manterase similar ao dos últimos anos, con arcos novos na Avenida Bos Aires, Avenida San Lucas e Rúa Progreso, ademais do árbore de nadal da praza da Catedral.

Nove espazos de decoración de Nadal

Os nove espazos que ambientarán as rúas compóñense de o Rincón Laponia na praza da Catedral, cunha escenografía da casa de Santa Claus, o Rincón do Trineo na praza do Concello, composto por un trineo de Papá Noel tirado por cinco renos; o Rincón de Nadal na Alameda, centrada no espazo do palco de música, o Rincón dos Reis Magos, representando o Belén na Fonte Vella. No Barrio dos Muíños  e en San Lázaro colocarase o Rincón de Nadal representado por bonecos de neve, cervos e árbores coa temática do Nadal.

O Concello convida a todos os visitantes a acercarse na ponte festiva de decembro para desfrutar do Mondoñedo con máis luz e colorido.