Skip to main content
Mondoñedo

Xa hai gañadores do concurso ‘O Mellor Recuncho de Mondoñedo’

Por 7 Decembro, 2022Sin comentarios

Xa se coñecen os gañadores do VII Concurso de Fotografía O Mellor Recuncho de Mondoñedo no que participaron 31 fotografias.

O primeiro premio foi para Andrea Gacio García, o segundo para José Miguel Martínez Fanego e o terceiro recaeu en José de la Fuente Requejo. Concello e xurado quixeron agradecen a participación cidadá neste concurso e emprazan á veciñanza para o concurso do vindeiro ano.

Así mesmo, coas tres fotografías gañadoras e outras 10 elexidas polo xurado crearase un calendario 2023 para o Concello de Mondoñedo.
A entrega de premios, que terá lugar nos vindeiros días e coincidirá coa presentación do calendario oficial do Concello de Mondoñedo.