Skip to main content
Mondoñedo

Manuel Otero será o como candidato a alcaldía de Mondoñedo

Por 18 Decembro, 2022Sin comentarios

Os afiliados e afiliadas do PP de Mondoñedo elixiron por aclamación a candidatura de Armando González Barreira, a única presentada ao congreso local que a formación celebrou este sábado na Casa da Xuventude. Deste xeito, convértese no novo presidente do PP local que contará con Ángeles Rodríguez Rico como secretaria xeral; Alberto García Fernández como vicesecretario xeral; e outras nove persoas que actuarán como vocais: o alcalde, Manolo Otero; os concelleiros Manuel Tapia, José Otero Rejes, Patricia Otero e Beatriz Meilán; e José Ramón Díaz Barreira, Ana Mel López, Mª Gervasia Cabanas Eiras e Mª Amparo Anello Gil. “Constituímos un novo comité local co obxectivo de reforzar o traballo levado a cabo nos últimos anos, pero tamén incorporar xente nova. É dicir, queremos darlle continuidade ao noso proxecto baseado no traballo en grupo e consolidar o Partido Popular en Mondoñedo a longo prazo”, dixo González Barreira.Así mesmo, o novo presidente do PP mindoniense manifestou que “de forma máis inmediata, centrarémonos en preparar o intenso calendario de eleccións; xa que en menos de dous anos teremos catro citas coas urnas”.

Tamén resultou elixido o actual alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, como cabeza de lista dos populares mindonienses de cara ás vindeiras eleccións municipais. Otero destacou “o traballo en equipo, o compañeirismo que hai entre os que conformamos o goberno local e todos os membros do PP de Mondoñedo. Pertencemos a un proxecto no que todos cooperamos e quixemos repartir as responsabilidades para ser máis efectivos. Estamos preparados para seguir na nosa liña de traballo ca cal facemos e continuaremos facendo un Mondoñedo mellor e próspero”.

González Barreira -fillo de alcalde e concelleiro no goberno popular dende o 2003 ata o 2007- estivo arroupado tamén pola presidenta do PP da provincia de Lugo e máxima responsable do partido a nivel local dende o 2007 ata o de agora, Elena Candia, que fixo balance dos últimos anos de traballo do Partido Popular de Mondoñedo que se ven reflectidos nos resultados electorais acadados facendo especial fincapé nas municipais do 2015; cando o PP recuperaba a alcaldía de Mondoñedo cun 50,65% dos votos, despois de ser tamén a forza máis votada no 2007 e no 2011. E no ano 2019, os mindonienses avalaron o proxecto que desenvolveu o PP no goberno aumentando o seu apoio nas urnas ata alcanzar o 61,73% dos votos. Nese sentido, agradeceu o apoio dos afiliados e de tódolos mindonienses que tamén confiaron de forma maioritaria no proxecto do Partido Popular nas eleccións xerais, europeas e autonómicas -de feito nas eleccións do 2020 elixiron a papeleta do PP preto dun 60% dos votantes-.

Candia sinalaba dende un comezo como obxectivos: mellorar a calidade de vida dos seus veciños e dotar de novos servizos á cidade. “Nesa liña traballamos dende o goberno os últimos oito anos dando cumprimento aos nosos programas electorais. Prestamos especial atención aos servizos sociais coa apertura do centro de día, unidade de alzhéimer, unidade de atención temperá e post-temperá; centro de atención a menores no antigo Hospital de Cabanela, podoloxía para dependentes, ampliación do SAF e asesoramento a coidadores; ademais da creación da ludoteca e ampliación da gardería”. 

A creación de emprego é outra das liñas de traballo do goberno local centrado en “potenciar o polígono e favorecer o asentamento de empresas ao adherirse á iniciativa Concello Emprendedor. Tamén se creou un viveiro de empresas e a marca ‘A Horta de Mondoñedo’, entre outras iniciativas dirixidas a promover os produtos mindonienses. De feito, incrementouse a divulgación dos recursos do municipio, a promoción turística, o apoio ás feiras e festas locais que contan con gran recoñecemento e impulsouse o barrio dos Muíños”. Todas estas medidas están recollidas dentro da estratexia ‘Mondoñedo. Un municipio para investir’ co que o goberno local defende o concello como “un lugar de oportunidades”.

Igualmente, en materia urbanística citou a aprobación do PXOM, o Plan Especial de Protección e Rehabilitación do Conxunto Histórico ou oPlan de Dinamización para a área Rexurbe de cara á rehabilitación do casco histórico mindoniense ou o proxecto para a rehabilitación da praza da Catedral. Foron moitas as infraestruturas melloradas no casco urbano, pero tamén nas parroquias porque “o rural tamén é unha prioridade para o Partido Popular”. Nesa liña, Candia lembrou o plan de arranxo de camiños e mellora de firmes, o desbroce en todas as parroquias, a renovación de luminarias ou as melloras en escolas e centros sociais; ademais da recollida de plásticos agrícolas ou as actividades de dinamización social que tamén se desenvolven no casco histórico. 

UN PROXECTO DE COOPERACIÓN

González Barreira recoñeceu o traballo de Candia á fronte do PP e do goberno municipal e agradeceulle o seu apoio, igual que o do alcalde, Manolo Otero: “A xestión de ambos e de todo o equipo de goberno municipal merece o noso recoñecemento por todo o que fixeron e están a facer por Mondoñedo”.  

O secretario xeral do PP da provincia, Javier Vázquez Nodal, e o coordinador xeral, José Manuel Balseiro, asistiron ao congreso local, entre outros membros da dirección provincial.