Skip to main content
Ourol

Ourol organiza un Campamento de Nadal para nenos

Por 7 Decembro, 2022Decembro 16th, 2022Sin comentarios

O Concello de Ourol organiza un Campamento de Nadal para nenas e nenos de 4 a 14 anos de idade. Este campamento levarase a cabo no Edificio Multiusos, entre os días 26 de decembro e 5 de xaneiro en horario de 10.30 a 13.30 horas.

Haberá 20 prazas e para anotarse nesta actividade deberase acudir ó Departamento de Servizos Sociais ou nos teléfonos 982 559 109 ou no 677 489 457. A data límite para anotarse será o vindeiro venres 22 de decembro.