Skip to main content
Axenda CaducadaOurol

A biblioteca de Ourol acollerá un contacontos de Nadal e a visita de Papá Noel

Por 17 Decembro, 2022Sin comentarios

A biblioteca municipal de Ourol acollerá un contacontos de Nadal e a visita de Papá Noel para o vindeiro venres 23 de decembro.

Esta cita será no edificio multiusos de Ourol ás 18.00 horas e está destinada a nenos a partir de 3 anos e as súas fmailias.

Para asisitir será necesario anotarse antes do 21 de decembro no seguinte enlace. Para máis información será necesario chamar ao teléfono 982 559 019.

O contacontos estará a cargo de Didi que é o elfo máis despistado do mundo e sempre chega demasiado cedo ou demasiado tarde, pérdese polo camiño…

Ademais, dende a organización lembran que se poden levar as cartas de Papá Noel para entregarllas directamente.