Skip to main content
A Pontenova

A Pontenova organiza varias actividades para o Nadal

Por 19 Decembro, 2022Decembro 20th, 2022Sin comentarios

O Concello da Pontenova organiza varias actividades para o Nadal para o tempo de ocio dos cativos, así, contarán co seu tradicional evento de PlayBack será o 7 de xaneiro ás 20.00 horas no auditorio municipal.

A tradición seguirá coa música na que haberá un concerto a cargo da Escola de Música da Pontenova e tamén unha obra de teatro de Lume Escénico.

Tamén haberá tempo para que os Reis Magos visiten a vila e para elo comezarán o seu itineraro lanzándose na tirolina, para despois visitar a casa da cultura.