Skip to main content
A Pontenova

A Pontenova organiza un campamento de Nadal para nenos

Por 20 Decembro, 2022Sin comentarios

O Concello da Pontenova organiza un campamento de Nadal para nenos durante o mes de decembro. En concreto será os días 26, 27, 28, 29 e 30 para así ser tempo de conciliación laboral para as familias.

Este será en horario de 10.00 a 14.00 horas e está dirixido a nenos de 3 a 14 anos. Para participar será necesario anotarse na casa do Concello ou chamando ao teléfono 982 342 277 antes do 22 de decembro.

OUTRAS ACTIVIDADES.

O Concello organiza varias actividades para o Nadal para o tempo de ocio dos cativos, así, contarán co seu tradicional evento de PlayBack será o 7 de xaneiro ás 20.00 horas no auditorio municipal.

A tradición seguirá coa música na que haberá un concerto a cargo da Escola de Música da Pontenova e tamén unha obra de teatro de Lume Escénico.

Tamén haberá tempo para que os Reis Magos visiten a vila e para elo comezarán o seu itineraro lanzándose na tirolina, para despois visitar a casa da cultura.