Skip to main content
Ribadeo

Vaise mellorar o camiño de acceso ao cemiterio de Santalla de Vilaosende, no Concello de Ribadeo

Por 21 Decembro, 2022Sin comentarios

Vaise mellorar o camiño de  acceso ao cemiterio de Santalla de Vilaosende, no Concello de Ribadeo, “unha vella demanda dos veciños da parroquia ás administracións”, dixo o voceiro do PP en Ribadeo, Dani Vega.

As actuacións que se levarán a cabo comprenden a limpeza e acondicionamento do propio camiño e o seu entorno, a construción dun muro de contención, feito de formigón e que segundo os veciños “fai moita falta no cemiterio”; a instalación de tuberías para drenar a auga en exceso que provoca humidades e a construción dunha barandilla de madeira.

Vega destaca o compromiso do grupo municipal e a Xunta na mellora e recuperación do camiño e a súa contorna cun orzamento de 15.000 euros.

O popular explica que o grupo municipal colaborou coa asociación de veciños e “queremos agradecer o seu intenso traballo que repercutirá de maneira moi positiva na parroquia”. Ademais, o voceiro recalca que “proximamente actuaremos tamén no resto das parroquias do municipio”.