Skip to main content
Ribadeo

O PP de Ribadeo espera que a noticia do centro de interpretación non quede nunha promesa electoral

Por 29 Decembro, 2022Decembro 30th, 2022Sin comentarios

O PP de Ribadeo espera que a noticia da subvención para crear no forte de San Damián un centro de interpretación do patrimonio asociado ao mar non quede nunha promesa electoral ou promoción política.

“O goberno local do BNG vén pedir unha subvención dos fondos europeos do Next Generation para a creación dun centro de interpretación no forte de San Damián baixo o nome Ribadeo Cara ao Mar e co que se pretende poñer en valor todo o patrimonio relacionado co mar”, din d.esde o grupo popular, que esperan que esta noticia non “quede nunha promesa electoral ou promoción política para evitar tempestades”.

O grupo municipal popular de Ribadeo recibe a noticia como “unha boa nova” pero apuntan que “non era sen tempo”. A coordinadora de promoción local dos populares, Marta Saiz explica que “despois de preto de 20 anos anuncian que pediron unha subvención, levoulles 20 anos pero déronse conta, ou quizais lles fixeron dar conta da importancia deste edificio para Ribadeo”.

Os populares levan pedindo desde o inicio de lexislatura, a través de mocións,  a creación dun centro de interpretación, así como o acondicionamento e conservación do forte de San Damián, un edificio emblemático. ”Un edificio cheo de historia, coas súas salas baleira e cero planificación de exposición. A única utilidade que ten hoxe  en día é para bodas, pero de vez en cando, so se o forte non está engulido pola maleza. É totalmente vergoñento o estado no que se atopa as maquinarias de Riberas del Eo y de la Comarca del Eo, sen sequera ter o mantemento apropiado” engade Saiz.

Para a coordinadora de promoción local, esta medida vén da man das innumerables queixas dos veciños e dun movemento en redes sociais no que se criticaba o abandono do forte e a súa falta de conservación. “Man de Santo. A verdade é que estes movementos en redes sociais e vísperas de eleccións é a mellor combinación para espertar a un goberno durmido e ausente”, di.

PROMESAS BALEIRAS

Por outra banda, os populares lembran que na mesma zona prometeron arranxar o acceso á praia do Cargadeiro, un asunto que ata o momento non hai novidades. “Que non esquezan esta promesa, veremos co tempo se é electoral ou non, porque sen tempo non vai sendo xa que os veciños están fartos de que se lles tome o pelo nun asunto que levan moito tempo demandando”, apunta Marta Saiz.