Skip to main content
Ribadeo

Balance positivo da campaña de recollida de xoguetes ribadense Dalle a volta ao Nadal

Por 29 Decembro, 2022Sin comentarios

A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, fai un balance positivo da campaña de recollida de xoguetes Dálle unha volta ao Nadal: “agradecemos enormemente a colaboración e implicación da veciñanza nesta campaña”.

Mónica Freire subliñou que “as familias que o precisen, poden pasar en horario de mañá polo auditorio, polo departamento de Servizos Sociais, para recoller os xoguetes para a visita do Apalpador e do Reis Magos”.

A concelleira de Servizos Sociais engadiu que “tamén contamos coa colaboración da Anpa do Ceip Gregorio Sanz, que nos fixo chegar xogos e outros agasallos. Agradecemos tamén o seu xesto”.

A nova edición da campaña Dálle unha volta ao Nadal arrincou a finais de novembro e rematou o pasado 13 de decembro: “data desde a que procedemos a organizar todo o material recibido para que agora as familias poidan achegarse ata os Servizos Sociais e así elixir o que precisan para as súas crianzas”.