Skip to main content
Axenda CaducadaVegadeo

De Tapeo por Vegadeo volve en decembro

Por 4 Decembro, 2022Sin comentarios

Os días 9 e 10 de decembro a veciñanza de Vegadeo ten unha cita coas mellores tapas no De Tapeo por Vegadeo, un roteiro de tapas e petiscos polos locais da hostalaría.

Organizada por Ascove en colaboración coa hostalería local, a previsión e que nesta cita conten co mesmo número de participantes que noutras edicións, na pasada foron 12 establecementos da hostalería da vila e do concello.

O ano pasado as tapas tiñan un prezo de 1,50 euros e acreditando un mínimo de oito selos nos pasaportes que se entregarán nos distintos establecementos, podíase participar nun sorteo de 200 euros en dous vales de compra de 100 euros cada un.