Skip to main content
O Vicedo

O Vicedo xa é un dos ‘Pueblos Mágicos de España’

Por 17 Decembro, 2022Sin comentarios

O Concello do Vicedo vén de recibir unha carta na que se lle comunica a súa inclusión na rede de Pueblos Mágicos de España, que axuda a impulsar o potencial e os recursos locais dos municipios.

O Vicedo é o segundo Concello da provincia de Lugo, tras Portomarín oo ano pasado, en recibir este título. En Galicia están incluídos tamén Cambados, Combarro, Ribadavia, A Veiga, O Irixo, Larouco e Pobra de Trives.

A Iniciativa Pueblos Mágicos pretende axudar aos municipios para poñer en valor os seus recursos locais impulsando o Desenvolvemento Turístico Local. Analizamos cada territorio en base a dez áreas de traballo que inclúen Calidade de Vida, Urbanismo, Patrimonio, Festas e Tradicións, Gastronomía e Produtos Locais, Paisaxes, Natureza e outros intanxibles que fan que uns pobos sexan únicos, sexan máxicos.

O Pasaporte da Rede de Pueblos Mágicos de España permite planificar escapadas, para coñecer pobos cunha maxia especial. Pobos máxicos, singulares, únicos. Para gozar da natureza, o patrimonio, as tradicións e festas locais, a gastronomía singular e tamén, para levar a casa, aos amigos, os mellores produtos locais dos nosos Pobos Máxicos.

Viaxar coa familia, os amigos, en parella ou pola túa conta, é ter novas experiencias de vida, bos recordos, descubrir sabores, vivir e compartir o mellor dos Pueblos Mágicos. Ademais segundo se acumulen pobos visitados, pódese optar a obter agasallos que engadir ao premio, que xa é de por se, cada pobo.