Skip to main content
Axenda CaducadaO Vicedo

A comisión de Festas de San Estevo O Vicedo prepara actividades polo Día dos Nenos

Por 20 Decembro, 2022Sin comentarios

A comisión de Festas de San Estevo O Vicedovén de organizar o Día dos Nenos para o vindeiro 26 de decmbro. Unha actividade que será no pavillón de deportes do Vicedo.

A actividade que con tanto agarimo preparamos para o día do noso Patrón, consistirá na instalación de atraccións no pavellón municipal, ao carón do colexio”, dixeron dende a comisión de festas.

Estas atraccions estarán destinadas a nenos de 0 a 18 anos e contarán con inchables, touro mecánico, pista americana de competición, loita de gladiadores e moitas máis sorpresas.

Ademais contarán con servizo de bar para os adultos que acompañen aos pequenos e de merenda con golosinas, patacas e outros petiscos. Tamén haberá música.