Skip to main content
Viveiro

O IV Premio de Novela Vilar Ponte de Viveiro pon en valor a cultura para difundir a lingua

Por 3 Decembro, 2022Sin comentarios

Onte foi entregado o IV Premio de Novela Vilar Ponte, nun acto no Teatro Pastor Díaz e que contou coa presenza do escritor Suso de Toro ademais das autoridades.

A gañadora desta edición é Irene Rega Jul, coa súa obra Tecendo Redes, e a novela finalista foi As cartas do desarraigo, de Francisco Vidal Blanco.

Nesta cita tamén se recoñeceu a Francisco Antonio Vidal Blanco, coa súa obra As cartas do desarraigo

O Premio de Novela Vilar Ponte, que cumpre este ano a súa cuarta edición, naceu coa finalidade de lembrar aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e, asemade, apoiar e difundir a literatura en lingua galega.

“Parabéns aos dous escritores premiados neste certame, que gaña recoñecemento e consolidación cada ano. Un certame que impulsa sen dúbidas a creación literaria na nosa lingua”, afirma a alcaldesa, María Loureiro

O xurado desta edición estaba composto por Carlos Nuevo Cal, cronista oficial de Viveiro, profesor e historiador; Eva Mejuto Rial, escritora e xestora cultural; e María Lado Lariño, escritora.