Skip to main content
Axenda CaducadaViveiro

A Banda de Música O Landro organiza un concerto de Nadal

Por 18 Decembro, 2022Sin comentarios

A Banda de Música O Landro de Viveiro organiza para o vindeiro venres 23 de decembro un concerto de Nadal dirixido por Carlos Timiraos.

Esta cita cultural será ás 21.00 horas no teatro Pastor Díaz de Viveiro e será Un Conto por Nadal. Dende a Banda agradecen e convidan a toda a veciñanza a desfrutar con eles da música e coa agarimosa voz da narradora Lara Fernández Fernández-Noriega que fará ao voso maxín voar.