Skip to main content
Xove

Os establecementos de Xove contan un ano máis co Concurso de Escaparates de Nadal

Por 3 Decembro, 2022Decembro 4th, 2022Sin comentarios

Os establecementos de Xove contan un ano máis co Concurso de Escaparates de Nadal co obxectivo de potenciar a imaxe dos establecementos comerciais a través dos seus escaparates durante as festas de Nadal.

Poderán participar neste concurso todos os establecementos comerciais do municipio. Os interesados en participar neste concurso deberán realizar a súa inscrición co formulario nas oficinas do Concello como data límite o 9 de decembro.

Os establecementos enviarán unha única fotografía do escaparate ao seguinte enderezo: aedl@xove.es antes das 24:00 horas do día 9 de decembro.

Os establecementos participantes terán total liberdade en canto á técnica e ao estilo e haberá un premio de 300 euros para o mellor escaparate.

A elección do escaparate gañador será mediante as fotos dos mesmos subidas á páxina de Facebook de EMprego e Desenvolvemento de Xove. O gañador será o que teña máis ‘me gusta’ do 14 de decembro ao 3 de xaneiro.