Skip to main content
Xove

Amplo programa de actividades para o Nadal en Xove

Por 7 Decembro, 2022Sin comentarios

O alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín presentaron o amplísimo programa de actividades programados polo Concello para este Nadal 22-23.

Dentro do Programa tamén se inclúen actividades organizadas pola ACIAM Xove como a pista de xeo e pola ANPA a semana lecer branco.

Así, a programación dará comezo o día 16 coa IV Gala do emprendemento local que será ás 20.30 horas no salón de actos do centro cívico, e seguirá o xoves 22 ás 18.00 horas coa búsqueda do tesouro de Papá Noel no pavillón de deportes. Xa ao día seguinte, o venres 23, será a festa infantil coa visita de Papá Noel e a chocolatada ás 18.00 horas no pavillón.

O luns 26 será a quenda do espectáculo infantil e familiar A viaxe do señor López ás 19.00 horas no centro cívico, e o martes 27 ás 12.00 horas farase un recoñecemento ao equipo de voluntariado que participou no programa Mañás Activas e pola tarde será o concerto de Nadal a cargo da Escola de Música e coa participación da Orquestra Clásica de Xove.

Xa o mércores 28 o mago Javier Muro achegará a súa maxia ao centro cívico ás 19.00 horas, e o xoves 29 haberá un show musical infantil no salón de actos.

O venres 30 ás 21.30 dará comezo o X Concurso de Karaoke ao que haberá que inscribirse para participar antes do 29 na oficina do técnico de cultura, e o sábado 31 os pequenos poderán despedir o ano cunha festa infantil ás 11.00 horas no pavillón.

Xa en xaneiro Escolma de Meus dará un concerto no centro cívico o día 2, e os Acordeonistas da Mariña o día 3, seguido da celebración do Día da Infancia o mércores 4 con xogos acuáticos na piscina e inchables.

Por último a Cabalgata de Reis será ás 19.00 horas do 5 de xaneiro polas rúas do Concello. Ademais os Reis Magos visitarán a Residencia San Bartolo e estarán no centro cívico para falar e sacarse fotos cos cativos. Xa pola tarde a discoteca móbil Decibelio’s poñerá o punto e final a unha programación do máis variado.

Por outra banda, a semana Lecer Braco será do 26 ao 30 de decembro en horario de 9.30 a 13.30 horas e está organizada pola ANPA Pedro Caselles Rollán. E a pista de xeo estará dende o 15 ao 30 de decembro.