Skip to main content
Xove

O Concello de Xove fixo entrega dos composteiros aos veciños solicitantes

Por 27 Decembro, 2022Decembro 28th, 2022Sin comentarios

Esta pasada semana o Concello de Xove, a través da Concellería de Agricultura, fixo entrega a un numeroso grupo de veciños de Xove de composteiros, que estes previamente tiñan solicitado no Departamento de Agricultura.

Deste xeito, os veciños poderán fabricar nas súas casas o seu propio compost, un fertilizante natural con excelentes propiedades para o terreno dada a súa condición de produto natural, sen compostos  químicos e libre de patóxenos;  tamén actúa en moitos casos como bactericida e funxicida. Ademáis, ao ser un produto rico en nutrientes, convérsese nun excelente abono.

Con estes composteiros contribuimos á redución de tanto volume de residuos producidos,  e tamén a eliminar ou, polo menos, minimizar todo o posible o uso excesivo de fertilizantes químicos.

Estas campañas de entrega de composteiros venas realizando o noso Concello dende 2012 en colaboración con Sogama.