Skip to main content
Xove

O Concello de Xove aprobou as bolsas e axudas ao estudo para o curso 2022/2023

Por 30 Decembro, 2022Decembro 31st, 2022Sin comentarios

A xunta de Goberno local de Xove aprobou as bolsas e axudas ao estudo para o curso 2022/2023, concedidas e financiadas integramente polo Concello.

O número total de axudas concedidas foi de 74, ascendendo o gasto total a 26.737,90 euros.

Como todos os anos, as bolsas se diferencian en varias modalidades, estudos universitarios na que se concederon un total de 12.172,10 euros; ciclos formativos que non existan na comarca, no que se concedeu un total de 4.105,80 euros; para alumnos con discapacidade, cuxa contía ascendeu a 4.500,00 euros; para compra de material cun total de 5.460 euros. E por último unha axuda concedida para a modalidade de máster, que ascendeu a 500 euros.