Skip to main content
A PontenovaAxenda Caducada

A praza dos Fornos da Pontenova acollerá de novo as antigüidades e os clásicos

Por 1 Decembro, 2022Decembro 2nd, 2022Sin comentarios

A praza dos Fornos da Pontenova volverá acoller unha nova edición da súa Feira de Artesanía e Antigüidades de primeiros de decembro e que este ano chega a décimo quinta edición. Así como da VI Xuntanza de motos e coches clásicos.

A primeira, a de artesanía, será será os días 3, 4, 5 e 6 de decembro terá lugar na praza dos Fornos onde se instalarán como noutras ocasións numerosos postos de artesanía de diferentes zonas xeográficas españolas, onde se expoñen artigos de cestaría, carpintería, complementos en tea, xoiería ou coiro.

O evento contará tamén coa presenza de artesáns que realizarán talleres en vivo sobre torno de madeira, a cestaría en vimbio, a forxa de ferro, a pintura decorativa, o coiro e sobre ecolámpadas de cabaza, malia depende das medidas sanitarias. Esta cita será de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas

Os días 3 e 4 será a quenda da VI Xuntanza de vespas, motos e coches clásicos. Así, o sábado poderase desfrutar das vespas e motos e o domingo dos coches clásicos. Haberá trofeos para o vehículo máis antigo, o mellor conservado, o máis lonxano e o máis veterán.

Máis tarde no Restaurante San Briz haberá unha xuntanza de confraternización para a que hai que inscribirse na praza dos Fornos a partir das 11.00 horas. Serán 17 euros por vehículo con vale desconto de 5 euros.

Por outra banda contarán cunha mostra da man de Traxandaina Traxe Tradicional, coa recompilación de traxes tradicionais da Provincia de Lugo procedentes do século XIX e principios do XX, pezas rescatadas das huchas das fillas, netas e mesmo bisnetas daquelas mulleres que gardaban as súas mellores roupas para lucir nos días de feira, na misa dos domingos, ou mesmo para casar.