Skip to main content
Axenda Caducada

Riotorto volverá contar co tradicional baile de fin de ano

Por 8 Decembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Riotorto programou de novo este fin de ano o seu baile tradicional que se celebrará a partir da 1.00 horas do día 1 de xaneiro do próximo ano.

A entrada para esta festa será de balde os asistentes poderán desfrutar da animación musical do dúo Estrellas no centro sociocultural da localidade.

Durante a festa haberá servizo de bar e ás 5.30 horas servirase chocolate gratis para todos.

Esta festa está organizada polo Concello en colaboración coas asociacións de veciños.