Skip to main content
Axenda CaducadaCervo

A nova edición do Callo Fest volverá encher de música San Cibrao

Por 6 Decembro, 2022Decembro 7th, 2022Sin comentarios

A nova edición do Callo Fest volverá encher de música a vila de San Cibrao o vindeiro venres 30 de decembro.

O festival, que terá lugar na praza dos Campos, está organizado pola Asociación Amigos Da Troula en colaboración co Concello de Cervo e Seiramar.

A cita vense celebrando o último venres do ano desde 2017 co fin de despedir o ano a ritmo de rock. Como cada ano, ás 0:00h farase un ensaio das badaladas de fin de ano para darlle a benvida ao 2023.

Nesta ocasión contarán con Hybrid Park – Linkin Park Tribute, Broken Peach, Mileth, Mi Rollo es el Rock e, para rematar, La Duendeneta.