Skip to main content
Axenda CaducadaDeportes AMARIÑAXAMondoñedo

A Asociación Xuvenil Xoldra, de Mondoñedo, prepara unha nova edición da carreira de fin de ano

Por 18 Decembro, 2022Sin comentarios

Mondoñedo prepárase para unha nova edición da súa carreira de fin de ano organizada pola Asociación Xuvenil Xoldra.

Esta proba será o 31 de decembro a partir dás 16.30 horas con saída desde a praza da Concello, e percorreranse 4 quilómetros. Para poder participar é necesario inscribirse na web antes do 29 de decembro e ten un custo de 5 euros.

O circuíto consta dunha distancia de 4000 metros, case totalmente chairo, que transcorrerá polas rúas do casco urbano de Mondoñedo

A retirada de dorsais realizarase na praza do Concello, o mesmo día da carreira, a partir das 15.30 horas. Para máis información hai que poñerse en contacto no 680 783 435.

Dotarase a todos os participantes na proba dun obsequio con por cada persona inscrita na carreira. A maiores, faranse distincións ao participante máis rápido da proba, o máis veterán, o que proceda do municipio máis afastado e ao mellor disfraz.