Skip to main content
A Pobra do BrollónAxenda Caducada

A Pobra do Brollón acollerá un concerto solidario de Vizcaíno

Por 15 Decembro, 2022Sin comentarios

O cantante Xabier Vizcaíno ofrecerá xunto coa súa banda un concerto este sábado 17 ás 20.15 horas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ na Pobra do Brollón.

O músico do Incio interpretará temas do seu último traballo ‘Neno de monte’, unha homenaxe ao mundo rural e á lingua galega a través de relatos da tradición oral.

A entrada é solidaria a través da doazón de produtos non perecedoiros, máis ou menos un quilo por asistente, para o banco de alimentos, entregados na entrada do concerto. Os alimentos serán xestionados pola área de servizos sociais do Concello.

Este evento forma parte da programación cultural “Animación na rúa” da Área de Cultura da Vicepresidencia Deputación de Lugo.