Skip to main content
Axenda CaducadaMonforte

Monforte acolle unha obra teatral do grupo Viraventos

Por 17 Decembro, 2022Sin comentarios

Este sábado 17 de decembro ás 19:30 na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro terá lugar a posta en escena da obra teatral Perfectos descoñecidos, a cargo do grupo de teatro monfortino Viraventos de maneira gratuíta para os asistentes.

Esta actuación está incluída no Programa de Nadal do Concello de Monforte, e forma parte do proxecto Circuíto de Teatro Afeccionado 2022 da Vicepresidencia da Deputación de Lugo-Cultura.

O grupo Viraventos

Viraventos, é un grupo de teatro que xurdiu hai 21 anos no contexto das actividades de tempo libre para persoas maiores que se organizaban desde os Servizos Sociais do Concello de Monforte.

Nestes anos, contou coa participación de mais de medio cento de persoas que levaron a cabo, curso tras curso, a montaxe e representación de 30 obras de teatro, clásicas, adaptadas e de creación propia.

Moi activos nas súas actividades, teñen actuado en colexios, festas populares, festas medievais, recitais… e desde hai anos, forman parte do Proxecto de teatro afeccionado da Deputación de Lugo.