Skip to main content
Axenda CaducadaCervo

A ACR Fervenza de Sargadelos organiza unha festa de Noiteboa Infantil

Por 23 Decembro, 2022Sin comentarios

A ACR Fervenza de Sargadelos, de Cervo, organiza para mañá, sábado 24 de cembro unha festa de Noiteboa Infantil na praza do Souto.

Como xa é tradición será a partir das 17.00 horas e contarán coa ludoteca de xogos de Xogando nas nubes, ás 19.00 horas haberá un contacontos a cargo do Caxoto e, ao rematar, Papá Noel recibirá a todos os nenos e nenas que queiran achegarse a pedirlle os seus agasallos e entregarlle as cartas. Tamén haberá chocolatada e sorteos.