Skip to main content
Axenda Caducada

O Courel contará coa visita do Apalpador o vindeiro venres

Por 23 Decembro, 2022Decembro 25th, 2022Sin comentarios

O Apalpador estará no Concello de Folgoso do Courel o vindeiro día 30 de decembro.

Ese día, terá lugar a apertura do mercado de Nadal en Moreda ás 15.00 horas para despois, ás 17.00 horas, recibir ao Apalpador, que recibirá aos nenos e nenas na súa casa.

Ás 18.30 horas haberá unha merenda e chocolatada intercultural con degustación de pratos típicos doutras culturas. Familas que viven no Courel achegarán sobremesas ou comidas tradicionais dos seus lugares de orixe.