Skip to main content
Colaboracións LUGOXAColaboracións RIBEIRASACRAXAColaboracións SARRIAXA

Conversa con Xesús Mato: sacerdote, musicólogo, escritor e activista social

Por 21 Decembro, 2022Sin comentarios

Por Fernanda Arrojo.

A última conversa que manteño este ano é cunha persona moi importante para min, tanto a nivel personal  como social, xa que fun unha nena que medrou en Auxilia, baixo o seu exemplo.

Explícome, máis alá da súa figura coñecida e recoñecida por diversos galardóns, entre eles ser nomeado Fillo Predilecto de Paradela en 2015 e obter a Medalla Castelao en 2018, ademáis de ser o cofundador de Fuxan os Ventos, que está a celebrar este año o seu cincoenta aniversario; ao igual que a delegación de Auxilia en Lugo que tamén fundou fai medio século.

O entrevistado é Xesús Mato Mato.

Nado en Cabo de Vila (San Martiño de Castro, Paradela) o  29 de outubro de 1932, é un sacerdote, musicólogo e escritor galego, pero por enriba de todo practicou o activismo social, naquela época de tantos medos. Del escoitei, por primeira vez na miña vida, palabras coma xustiza social, Igualdade de oportunidades, exercer os Dereitos…Aprendín o que era o activismo social, sendo pioneiro en moitas cousas.     

Cando viñestes para Lugo?       

No ano 1946 para facer a carreira sacerdotal no Seminario, durante doce anos.                        

Cal foi a túa primeira parroquia? 

Foi en Lalín, alí estiven preto de nove anos,  onde fun coadxutor  e profesor de Filosofía e Música nun colexio privado e, despois, profesor de relixión no Instituto Laboral. Lalín, daquela, tiña unha poboación de catro mil habitantes e había bastante movida social.

E alí empezou a túa traxectoria radiofónica?

Sí, existía unha emisora parroquial que se converteu na primeira emisora Radio de Popular en Galicia, da que fun o primeiro director.                         

E que facías?

Nesta época tiven que copiar dos grandes e improvisar moito. Concebín a emisora como unha axuda ao apostolado, non para predicar senón para a formación en valores.  Logo, eu tiven que formarme en 1967 e obtiven o título de técnico Radiodifusión-Redactor en Madrid.     

Onde empezou a túa traxectoria musical?

Tamén en Lalín, xa que fundei e direxín a Polifónica dese concello.      

E cando volves para Lugo?                   

En 1968 xa que o bispo Ona de Chave, que era o responsable da Comisión epicospal de medios, moi afeccionado a radio, chamoume para ser o asesor relixioso e redactor en Radio Popular de Lugo.                

Unha vez en Lugo cal foi o teu labor?

Empecei sendo o director espiritual e asesor do Colexio Menor Feminino. E alí, no coro que dirixía, atopei voces moi boas, de rapazas que coñecían cancións das aldeas, das súas avoas. Algunhas delas formarían parte de Fuxan, xunto con algúns rapaces do colexio masculino, Eijo Garay. Un dos meus obxectivos persoais era dar a coñecer a riqueza da música popular que temos en Galiza.

Sempre querías levar algunha parroquia?

Sí, claro, durante dezasete anos fun párroco de seis  parroquias na Montaña do Cebreiro.

Tamén te preocupaba moito os colectivos sociais máis vulnerables?

Por suposto, porque o eido social está moi vinculado coa igrexa, en canto a ética e valores. Entón a radio serviume para buscar cambios renovadores na Igrexa e na sociedade. Ademáis o feito de actuar, nos inicios de Fuxan, polas vilas e aldeas, serviunos para coñocer a xentes que por ter unha minusvalía estaba como agochadas na súas casas, sen ningún tipo de particip ación na comunidade. Algunha ocasión escoitei moi abraiado a seguinte frase:  ‘Leváronme a mellor vaca que tiña”. Daquela me enterei da existencia dunha entidade de voluntariado, aconfesional y apartidista, coa súa orixen en Francia e levada a cabo en Barcelona polo matrimonio Deffontaine, nacendo o que sería o primeiro núcleo de Auxilia en España. Esta entidade traballaba con persoas e, sobre todo con nenos, que tiñan algunha minusvalía, o que espertou meu interese para montar unha  delegación en Lugo. E, unha vez máis, aos inicios do setenta, tiven que ir ao sitio onde se cocía o asunto para saber de qué iba a cousa. Daquela en Galicia non había nada deste  tipo. E había que facer algo, por exemplo, as colonias no verán que financiabamos, en parte cos Festivales “Operación Sol”. Aí mesturábanos o labor social e a música. Unha mestura moi recoñecida  pola mocidade que estudaba en Lugo, ben nos institutos ben nos centros universitarios da cidade, especialmente, Maxisterio.

Pódese dicir que ti rompiches moitas barreiras?

Había que facelo, asumindo riscos ao principio, pero sempre con moita ilusión. É o que tocaba.