Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

A UNED incrementa este curso o seu número de estudantes

Por 2 Decembro, 2022Sin comentarios

Na reunión da Xunta Reitora da UNED de Lugo a directora do Centro deu conta do crecemento do número de matriculados, presentando un dos mellores datos do Campus Noroeste.

Así mesmo, a directora presentou os resultados dunha investigación do retorno social SROI (Social Returns on Investment) do Centro, levada a cabo polo catedrático José María Labeaga e polo profesor Rodrigo Martín, que conclúe que o Centro de Lugo xerou un retorno social de 6,41 euros por cada euro invertido no seu funcionamento.

A directora deu conta do Proxecto #UNEDLife, que conta xa con máis de 700 inscritos nas súas actividades, e que promove o deporte como medio para unha vida máis saudable.

Asemade, tratouse a redución dun 28% da pegada de carbono do centro na súa ratio por estudante e as medidas que se adoptarán para aproximarse á neutralidade de carbono.

A directora anunciou que o vindeiro mes de decembro recollerá de mans do reitor, Ricardo Mairal, o premio nacional á mellor boa práctica posta en marcha por un centro da UNED, que acadou por terceiro ano consecutivo, co seu Proxecto #PlanetaODS.

No capítulo de aprobacións cabe destacar o plan docente, o plan de calidade e a programación de extensión universitaria que propón case un cento de actividades para este curso 22-23 no que se estima a participación de máis de 7000 inscricións.