Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Entregados os premios Mulleres Empresarias da provincia

Por 17 Decembro, 2022Sin comentarios

A presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo, Beatriz Varela Regueira, entregou este venres no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) os premios Son Muller 2022 organizados por AELU. Estes galardóns que celebran a quinta edición, recoñecen a actividade empresarial de mulleres da provincia ao mesmo tempo que fomentan a súa participación no entorno económico e social de Lugo.

Beatriz Varela felicitou a todas as participantes “pois presentaron proxectos innovadores e creativos o que demostra a gran diversidade e pluralidade que existe no sector empresarial lucense. Os premios Son Muller recoñecen o traballo da muller emprendedora, a muller empresaria e a muller empresaria rural. Con esta iniciativa dámoslles visibilidade porque entendemos o papel fundamental que xogan no desenvolvemento económico do territorio”.

Na quinta edición dos Premios Son Muller cos que colaboran a Deputación Provincial de Lugo, o Concello de Lugo, a Xunta de Galicia e ABANCA recibíronse preto de 30 candidaturas.

Nesta gala na que tamén participaron autoridades da provincia e empresarias lucenses, repartíronse un total de 4.500 euros en premios e xogos de Matrioskiñas galegas deseñados especialmente para este certame por artesáns lucenses. Ademais todas as finalistas recibiron un galardón pola súa participación. As empresarias premiadas foron:

OS PREMIOS

Na categoría Son Emprendedora o primeiro premio foi para Aobá Upcycling, o segundo para Rural e Urbano. As finalistas foron Late Food, Atoupa e Cuarto e Metade.

Na categoría Son Empresaria o primeiro foi para Academia A Mariña e o segundo para o Centro Pedagóxico Aloumiño. Os finalistas foron Colorín Colorado, Bioco e Asesoría Mel.

Na terceira categoría, son empresaria rural, a vencedora foi As Vacas da Ulloa seguida de A Horta de Sancoveiga. Quedaron como finalistas Esencia Viva, Argaia Cosmética e Casa de Baixo.

Recoñecemento especial

Durante a Gala dos Premios Son Muller a Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo realizou un recoñecemento especial a Purificación García Balseiro (Decoraciones Pura) e distinguiu a súa longa traxectoria empresarial e profesional como muller referente no ámbito do emprendemento da provincia de Lugo.