Skip to main content
O Corgo

O Corgo conta xa con programación de Nadal

Por 19 Decembro, 2022Sin comentarios

O Concello do Corgo xa ten lista a súa programación de Nadal que contará cun campamento de Nadal incluído dentro da conciliación familiar dentro do periodo non lectivo. A inscrición permanecerá aberta ata o 22 de decembro e está destinado a nenos entre 3 e 12 anos.

O horario deste campamento será dende o luns 26 de decembro ata o 5 de xaneiro de 9.00 a 15.00 no centro sociocultural do Corgo.

O día 22 de decembro terá lugar o concerto de panxoliñas ás 17.00 tamén no centro sociocultural do Corgo onde actuarán Orfeón Xoan Montes e a Coral Polifónica de Meira Airiños do Miño.

Coma todos os anos o Concello do Corgo organiza unha xornada no XuvenLugo o día 4 de xaneiro desde ás 16.30 ata ás 20.30 que terán un prezo de 2,50€ e onde os nenos deberán in acompañados dun resposable. Para realizar as inscricións e mñais información están a disposición os seguintes números de teléfono 982 302 377 ou 620 731 543.

Por último o xoves día 5 de xaneiro terá lugar a Cabalgata de Reis a partir das 16.00 no Colexio Público do Corgo para o que tamén será preciso inscrición a través dos seguintes números  982 302 377 ou 620 731 543.