Skip to main content
A Fonsagrada

Bernardo Xabier Niño é o novo presidente da xestora do PP da Fonsagrada

Por 28 Decembro, 2022Sin comentarios

Bernardo Xavier Niño Neira, empresario do sector da hostalería e da alimentación natural da Fonsagrada e actual concelleiro do PP foi nomeado presidente da xestora do PP local. A dirección provincial reforza así o partido no municipio de cara ás eleccións municipais do 2023.

Este nomeamento xurde tras a renuncia do presidente da agrupación local, José Luis Regueiro, por motivos persoais, e do consenso dos afiliados e co propio presidente nunha reunión celebrada recentemente coa dirección do partido provincial. Ademais, nos próximos días nomearase ao grupo que conformará o conxunto da xestora do PP de A Fonsagrada.

O presidente local explica que “se tomará o tempo necesario para ter conformada a xestora do partido”. Neste sentido é claro coa folla de ruta a seguir, pois “a súa conformación responderá á firme decisión de incluír nela todas as persoas que queiran traballar por A Fonsagrada e polos seus veciños”.

Niño Neira, como empresario e concelleiro ten experiencia na xestión e é coñecedor dos problemas que afecta ao municipio e aos seus veciños. “Temos claro que as nosas prioridades son resolver o problema que temos co despoboamento en A Fonsagrada e no deterioro total dos servizo públicos que nos están afectando a todos”. Así mesmo, o presidente sinala que a súa labor terá como liña principal “traballar polo municipio, estar preto dos seus veciños para defender os seus intereses”.