Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

A carreira Lugo Monumental terá lugar o 18 de decembro

Por 12 Decembro, 2022Sin comentarios

A  XIX edición da Lugo Monumental celebrarase o domingo 18 de decembro e recuperase a proba de menores que na última edición non correron pola situación sanitaria. Esta carreira conta cun percorrido único polo centro de Lugo e o seu casco histórico, unha característica única nun evento deste tipo, a posibilidade de disputar a parte final da proba sobre un Monumento Patrimonio Histórico da Humanidade.

A primeira proba será a dos máis pequenos que terán a saída ás 11.00 a categoría Pitufos para aqueles nados entre 2017-2018 e cun percorrido de 270 metros. Os seguintes será os nados entre o 2011 e o 2015  que sairán as 11.15 e terán un percorrido total de 142o metros. Por último ás 11.30 sairán os nados entre o 2007 e o 2010 que percorrerán 1840 metros. Aqueles participantes nados entre o 2005 e o 2006 poderán elixir entre participar nesta última distancia ou na proba de 10 quilómetros.

A partir das 12.00 será a quenda dos adultos, cun límite de 1.500 participantes, sobre unha distancia aproximada de 10 quilómetros. A inscrición está aberta ata o martes 13 de decembro e haberá premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría.