Skip to main content
Lugo

Dan comezo os traballos de renovación do muro de Frei Plácido Rei Lemos

Por 1 Decembro, 2022Sin comentarios

Comezan os traballos de renovación do muro da rúa Frai Plácido Rei Lemos. Arroxo explicou que “os servizos técnicos do Concello de Lugo levan máis de 15 anos revisando o desgaste deste muro, e decidiron que era preciso actuar agora e comezar a traballar na renovación da estrutura antes de que continúe a deteriorarse”.

Os traballos que se están a realizar no muro de Frei Plácido Rei lemos consisten no apuntalamento do mesmo, o que permitirá realizar catas para coñecer máis polo miúdo o desgaste da estrutura, o que permitirá que durante o 2023 se realice a renovación integral do muro, partida que se incluirá nos orzamentos.

Arroxo anunciou que de cara ao 2023, o Goberno de Lugo seguirá avanzando na renovación integral do barrio de Recatelo, “nestes anos traballamos para converter Recatelo nunha zona importante da cidade, creando unha área peonil que comunica o centro e o Parque de Rosalía, ao mesmo tempo que melloramos os servizos e a calidade de vida da veciñanza”, explicou Rubén Arroxo, que anunciou que os orzamentos do vindeiro ano incluirán partidas para “rematar a segunda fase da peonalización na rúa Isaac Díaz Prdo e renovar o Carril dos Loureiros, tal e como se acordou coa veciñanza do barrio”.