Skip to main content
Lugo

Benestar oferta unha nova saída cultural para maiores

Por 5 Decembro, 2022Sin comentarios

A Concellería de Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores oferta unha nova viaxe cultural enmarcada na Programación de Animación Sociocultural, neste caso á cidade olívica.

Así o vén de anunciar a edil Olga López, quen comunicou que esta excursión municipal terá lugar o venres 16 de decembro. A xornada arrincará ás 10.00 horas dende a Praza de Bretaña, regresando ao mesmo punto sobre as 23.00 horas.

A proposta está pensada unha vez máis como actividade recreativa para a socialización das persoas maiores, pero está aberta a toda a veciñanza. Nesta liña, a concelleira aproveitou tamén para informar que se está programando outra viaxe para o mes de xaneiro.

As persoas interesadas nesta viaxe poderán apuntarse dos días 5 ao 14 de decembro ou ata completar a capacidade do autobús. Nos centros de convivencia Milagrosa ou Uxío Novoneyra, en horario das 10.00 ás 13.00 h. Deberán aboar 4,12 euros a través do modelo de autoliquidación de taxas e prezos públicos 603.