Skip to main content
Lugo

O Mercado Municipal acolle unha mostra organizada por Accem

Por 7 Decembro, 2022Decembro 9th, 2022Sin comentarios

O Mercado Municipal acolle unha exposición organizada pola ONG Accem, entidade sen ánimo de lucro que traballa para mellorar as condición de vida das persoas en situación de vulnerabilidade. “Esta pretende ser un medio de concienciación sobre a temática das violencias sexuais coa axuda de varias mulleres que regalaron as súas historias para que foran postas en escena”, explicou a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López.

Grial Montes, actriz protagonista na película María Solinha e Violeta Martínez como iluminadora do espazo, achegan ao Mercado Municipal unha acción dramática que versa sobre a violencia sexual chamada Cóntocho porque non quero que lle volva a pasar a ninguén.

A exposición poderase visitar ata o vindeiro 19 de decembro. Cristina López convidou á veciñanza a achegarse a mostra, na que tamén poderán participar e deixar testemuña propia de situacións persoais que teñan experimentado e así tomar conciencia sobre esta problemática.