Skip to main content
Lugo

Xornadas de portas abertas no XuvenLugo

Por 7 Decembro, 2022Sin comentarios

Durante o día de hoxe, mércores 7 de decembro e o vindeiro 16 de o XuvenLugo celebra dúas xornadas de portas abertas nas que o acceso ao evento será gratuíto, grazas á colaboración da Área de Cultura do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través da área de Mocidade.

As instalacións do XuvenLugo ocuparán os dous pavillóns do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, ademais do corredor que une ambas zonas, que estarán divididas en 10 espazos, contando cunha ludoteca para nenas e nenos de 0 a 7 anos, zona de xogos recreativos, minigolf, pista de slot, inchables, unha scape room, atraccións, un touro mecánico e o rocódromo do Pazo de Feiras.