Skip to main content
Lugo

Benestar abre o prazo de inscrición para formación en informática básica e inclusiva para adultos

Por 13 Decembro, 2022Sin comentarios

A concellería de Benestar porá en marcha, a partir de xaneiro, diferentes obradoiros de formación en informática básica e inclusiva para adultos.

Os cursos desenvolverase en diferentes días e horarios nos centros socioculturais de Fingoi, María Balteira, Maruja Mallo e no Edificio de Novas Tecnoloxías, onde se habilitarán entre 5 e 12 prazas por curso e centro coa posibilidade de facelo tanto en
quenda de mañá como de tarde.

En total, a área de Benestar, porá a disposición 130 prazas que poden solicitarse nos Centros de Convivencia da Milagrosa ou no Uxío Novoneyra, dende hoxe e até o 16 de decembro ou ata esgotar as prazas.

As persoas interesadas poden obter máis información chamando aos teléfonos: 982 297 410 e 982 297 492.