Skip to main content
Lugo

Os veciños da Milagrosa piden melloras na iluminación das rúas do barrio

Por 14 Decembro, 2022Sin comentarios

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa celebrou unha reunión aberta aos veciños do barrio a que asistiron máis de 300 persoas, e onde puxeron de manisfesto que “o barrio da Milagrosa é un Barrio moi mal iluminado e que esta falta de iluminación xera inquietude e inseguridade, prexudicando a comerciantes e veciños”.

Dende a sociación trasladan que “algunhas das rúas peor iluminadas son a rúa Milagrosa, Yáñez Rebolo, Camiño Real Concepción Arenal, Lamas de Prado ou García Abad” entre outras.

Tamén  destacan que “os problemas xerais, son que a iluminación destas rúas é unha iluminación moi antiga, na maior parte con máis de 50 anos”, e sinalan que “algunas rúas só teñen iluminación dun lado e ademais a iluminación ao estar tan envellecida é unha iluminación de pouca potencia e moi contaminante”.

Tendo en conta todo esto dende a asociación solicitan que “nos orzamentos do ano 2023 se realíce unha reforma integral da iluminación do Barrio da Milagrosa e que se substitúa a actual iluminación por unha iluminación máis potente e de menos consumo e por conseguinte menos contaminante”.