Skip to main content
Lugo

A Asociación de Veciños da Milagrosa solicita un novo paso de peóns na Avenida da Coruña

Por 17 Decembro, 2022Sin comentarios

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa, co apoio da Federación de Asociacións Veciñais de Lugo Lucus Augusti, solicitan “un paso de peóns na intersección da Avenida da Coruña coa rúa Río Narla nese cruzamento que vai cara á Avenida Reverendo José Fernández”.

Desde a asociación din que “trátase dunha zona na que conclúe moito tráfico, xa que os vehículos tanto se dirixen cara á Praza Agro do Rolo, como cara ao centro da cidade, así como tamén os que veñen da zona de Paradai pola rúa Río Narla ou van cara a saída da cidade pola Avenida da Coruña”.

Ao tratarse “dunha zona densamente poboada e que actualmente supón un perigo para peóns, xa que os pasos máis próximos atópanse moi afastados do cruzamento mencionado, solicitamos instálese un novo paso de peóns semaforizado para regular o tráfico peonil e rodado e así mellorar a seguridade viaria da zona” reclaman dende a asociación.