Skip to main content
Lugo

O Anexo ao Pazo dos Deportes podería contar con vestiarios prefabricados e unha reforma da pista ao final da tempada

Por 17 Decembro, 2022Sin comentarios

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo ven de realizar ante o Concello de Lugo a comunicación urbanística para instalar vestiarios prefabricados no exterior do Anexo ao Pazo dos  Deportes.

Trátase dun trámite previo para a realizar a instalación das casetas prefabricadas, que estarán equipadas cos aparatos sanitarios e os elementos necesarios para o seu uso como vestiarios e baño.

A área de Deportes afrontará tamén outras actuacións de modernización e  mellora das instalacións, imprescindibles para o baloncesto base da cidade de Lugo, xa que as dúas pistas do Anexo acollen encontros das ligas federadas de categorías de formación e adestramentos dos clubs lucenses.

O persoal da Deputación de Lugo avalía as mellores opcións técnicas para realizar a renovación do pavimento deportivo das dúas canchas de cara ao final de temporada, para que a reforma non interfira na actividade ordinaria dos clubs.