Skip to main content
Lugo

O PP pide eliminar tapóns urbanísticos para mellorar a seguridade e a mobilidade

Por 21 Decembro, 2022Sin comentarios

Dendo o Partido Popular piden “eliminar os tapóns urbanísticos históricos para mellorar a seguridade e mobilidade nos barrios de Lugo”O vicevocerio popular Antonio Ameijide explica que en numerosos barrios da cidade “hai estreitamentos de vías ou rúas que rematan en parcelas selváticas que requiren de intervencións e de orzamentos municipais”. O vicevoceiro popular afirma que “ata o grupo popular seguen chegando peticións dos cidadáns para que se eliminen os tapóns urbanísticos que provocan problemas de tráfico, accidentes ou incluso risco para os peóns. No ano 2020 o PP xa presentou, sen éxito na votación, unha iniciativa en pleno para que se fixera unha planificación e se avanzase na supresión destes estreitamentos en rúas que entorpecen o tráfico e a mobilidade dos peóns”.

Antonio Ameijide “á vista de que o goberno local non ten interese en acometer estas intervencións que demanda a cidadanía pediremos no vindeiro pleno un plan calendarizado para axilizar a supresión destes tapóns urbanísticos”. “Primeiro hai que elaborar o censo e logo dar a prioridade de onde actuar”

O popular reflexionaba que “somos conscientes de que é imposible eliminalos todos de golpe, tanto pola complexidade administrativa como pola carga económica pero, en calquera caso é necesario afrontar estas intervencións de forma planificada, con orzamentos anuais”.

Dende o Partido Popular sinalan varios tapóns urbanísticos entre os que destacan o de Escultor Asorey na Residencia. “A zona onde hai que actuar está situado na parte de atrás do Colexio do Divino Maestro no barrio da Residencia. Precísase abrir unha rúa (intervención duns 75 metros), que comunicaría Escultor Asorey coas rúas Evaristo Correa e Amizade. Con esta intervención pecharíase unha mazá, desconxestionaríase o tráfico da zona xa que estamos a falar dun novo eixo que uniría Fonte dos Ranchos coa rúa Portugal”.

Tamén sinalan o de Ramos Misioné en Magoi ou o de Camiño de Pipín na Milagrosa que consideran “un punto moi conflictivo porque está situado ao lado dun colexio e ás horas punta de entradas e saídas supón un verdadeiro perigo para os cativos e cativas”. Sobre o Camiño de Friás que comunica barrio do Sagrado Corazón con Galegos dende o Grupo Popular afirman que “é un punto negro de Lugo no que se incrementou o tráfico exponencialmente debido a apertura do Hula xa que moitos lucenses utilizan esta vía como atallo para ir ao complexo hospitalario”.